Xa non se fala daquela. Xa cairon as paredes dos beizos sobre nós, esgotando a esperanza dunha máis alta cea: xa caiu a carne. Carne de fume expulsada dos cigarrillos prohibidos en favor dos viños da casa. Xa caiu o tempo, o tempo de xogar. Aquel xogo ruín que cantara Luis. Que levante a man o que esté libre de pecado. As formigas tamén contan, sí. Hai acentos parecidos, as orellas extranxeiras non se decatan, mais hei de confesarvos algo: eu tampouco. ¿Serei extranxeiro? ¿Qué fago aquí? ¿Quén decide estas cuestións? ¿Qué máis podremos sentir si xa está todo feito? Síntome de eiquí pero cando digo 'eiquí' e estou alí non me sinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario